skip to main |
skip to sidebar
1ª ESO Ciencias Naturais
"Webs" que nos poden axudar a que o Sol non se nos atragante.

Visual : O reputado portal Space.com ofrece un arsenal de galerías de imaxes sobre o Sol: tormentas solares, chamaradas. amenceres e atardeceres solares, o Sol en verán... Tamén conta con espectaculares vídeos e a posibilidade de ver fotos da nosa estrela actualizadas ao minuto durante as 24 horas.
Exhaustiva: Este portal atesora información para mellorar o noso coñecemento con vídeos de eclipses, cronoloxía de exploración solar e enlaces. Ao centro de Análise de Datos Solares da NASA, por exemplo.
Baixo control: De vez en cando, os astrónomos se sorprenden da actividade solar, ou da falta desta. Existen satélites e telescopios que observan constantemente o Sol. O que ven queda recollido para sempre nesta web que ademáis, está en constante actualización.
Ver sen mirar: Para apreciar os ecplises solares, ou simplemente ver a circunferencia do Sol, non se debe de mirar ao ceo directamente. Esta páxina en español ofrece solucións seguras que se poden levar a cabo realizando unha pequena actividade de manualidades. Para disfrurat do Sol sen riscos!!!
Números: Esta é unha páxina en castelán para astrónomos afecionados (e algo iniciados) na ciencia solar. Se non sabes o que é o número de Wolf, as cordenadas heliográficas ou a lei de Spörer, esta é a túa web.
10 cousas: Son básicas pero non todo o mundo as coñece. Esta páxina propón 10 características solares que quizais todos deberiamos saber. Por exemplo: non existe data de descubrimento do Sol. sempre contamos con el. Ademáis, a nosa estrela contén máis do 99,8% da masa total do Sistema Solar.
Lúdica: Os datos astronómicos non son sinxelos de entender. para que non se nos "fagan bola", nada mellor que este sinxelo xogo online. O malvado Doctor Nébula desestabilizou o campo magnético solar, Perigosos chorros de enerxía ameazan ao planeta. Debes usar os escudos deflectores para protexer a Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario